martes, 16 de xullo de 2019

ANIVERSARIOS

FELICITAMOS AOS COMPAÑEIROS QUE CUMPREN 4 ANOS DURANTE O VERÁN.
XULIA, GUILLE E KELLY, MOITOS PARABÉNS!!!




martes, 25 de xuño de 2019

FESTA FIN DE CURSO

COMO REMATE DESTE CURSO 2018-2019, E GRAZAS Á ANPA, DISFRUTAMOS A TOPE CON XOGOS E HINCHABLES.


xoves, 20 de xuño de 2019

PLANTAMOS CABAZAS

APROVEITANDO UNHAS SEMILLAS DE CABAZA QUE GARDAMOS DENDE O SAMAÍN, PLANTÁMOLAS E CONSEGUIMOS UNHAS PLANTAS ESTUPENDAS!

domingo, 16 de xuño de 2019

EXCURSIÓN A MARCELLE

ACÉRCASE O FINAL DO CURSO E DISFRUTAMOS DUN DÍA NO PARQUE DE MARCELLE.

xoves, 6 de xuño de 2019

Batido de froitas

Como colofón final a 10 días de consumo de froitas elaboramos un batido moi rico con mazá, melocotón, plátano, albaricoque...






luns, 3 de xuño de 2019

COMEMOS FROITA NO COLE

COMO PARTE DO PLAN DE CONSUMO DE FROITA FRESCA,  TIVEMOS DÚAS SEMANAS DE MERENDAS SAUDABLES.
 MAZÁS, PLÁTANOS, ALBARICOQUES,... FIXEMOS UNHA BOA RECARGA DE VITAMINAS!!!


mércores, 29 de maio de 2019

Wendy, a tartaruga

Nestes días contamos cunha visita moi especial, a tartaruga de Mateo que se chama Wendy. Despois de máis dunha década na súa familia decidiu saír a coñecer mundo. E aquí a temos. O tío de Mateo explicounos moitas cousas e esperamos coidala moi ben. Estamos encantados!!