martes, 9 de maio de 2017

1ª FEIRA "DENDE ARES CARA O MUNDO"

Durante o curso 2016-2017 o profesorado do CPI As Mirandas formou parte dun Plan de Formación (PFPP) iniciado o pasado curso baseado no Traballo por proxectos a través da Biblioteca, no que decidiuse elaborar un proxecto ao que denominamos: “Dende Ares cara o mundo” .
        A idea consiste no estudo de diferentes países, elixido polo alumnado de cada curso ou nivel educativo relacionado co alumnado estranxeiro que hai no centro.
       O emprego de novas formas de aprendizaxe integradas dentro do currículo escolar ten como resultado final a Primeira Feira do CPI As Mirandas “Dende Ares cara o mundo”.
       Esta metodoloxía implica a participación activa do alumnado que tivo que investigar, planificar, cooperar, en definitiva, un novo xeito de aprender onde o alumnado é o protagonista da súa propia aprendizaxe, contando co profesorado como guía no seu proceso e coa colaboración tamén do persoal non docente do centro.
Unha primeira exposición deste proxecto tivo lugar en febreiro co Desfile do Entroido :


O produto final será esta Feira que terá os seguintes STANDS e PAÍSES NO PAVILLÓN MUNICIPAL


 ARES– CONCELLERÍA DE CULTURA E ANPA
 ANTÁRTIDA–eso
 AUSTRALIA– 1ºEP                                                                                 
 BRASIL– 4ºep
 CHINA-3ºep
 ISRAEL-relixión
 XAPÓN-2º epB
 MARRoCOS– 5º e 6º EP
 PORTUGAL– 4ºei
 REINO UNIDO 6º EI e 6º EP
 UCRAÍNA– 5º EI
 MÚSICAS DO MUNDO-ESO
 Lóva/MAIL ART– 2ºep- a
 BIBLIOTECA/rOBÓTICA

Esta Feira contará coa presencia do aresán Javier Cristobo, Director do Centro Oceanogáfico de Gijón, experimentado investigador da Antártida. Javier inaugurará a Feira e impartirá 2 charlas sobre o Continente Antártico e as súas experiencias nel.
Tamén contará cos traballos do PROXECTO LÓVA, proxecto innovador neste centro cuxo obxectivo final  é a Creación duha Ópera como Veículo de Aprendizaxe, e de MailArt.
Dentro dos eventos que se levarán a termo durante todo o día colaboraremos cunha Actividade solidaria #unhacuraparaAdri
  • Na caseta da Antártida haberá unha mesa na que por 1 € poderás apadriñar un pingüín dunha das pingüineiras da Antártida.
  • Tamén no noso Photocall, terás a posibilidade de quitar unha foto na que poderás elixir o lugar onde queres aparecer, dentro dos países representados nas casetas. O importe da foto que será de 1€ tamén será doado á causa #unhacuraparaAdri.
O horario será:
 Mañá………..10:30- 14:30h. (alumnado EI e EP do centro)
 Tarde………..16:00- 18:30h. (alumnado ESO do centro e público en xeral.)

ACTIVIDADES PARALELAS AOS STANDS E OBRADOIROS:
  • Inauguración oficial da Feira coas autoridades…………...........11:45h
  • Actuacións musicais do alumnado da ESO ........................ 11:00/ 13:00/ 17:00h
  • Actuación do alumnado de 6º de Primaria............................11:30/ 13:30/17:30h
  • Actuacións dos alumnos de Ed. Infantil e 1º de Primaria..... 12:15h/14:00/18:00h

CONVIDAMOS E ANIMAMOS A TODOS A PARTICIPAR NESTE GRAN EVENTO!

AGRADECEMOS A COLABORACIÓN DA COMUNIDADE EDUCATIVA EN XERAL,  Á ANPA, AO CONCELLEIRO DE
TURSIMO DE ARES, AO CFR DE FERROL E ESPECIALMENTE A JAVIER CRISTOBO.

Ningún comentario:

Publicar un comentario