mércores, 31 de xaneiro de 2018

DÍA DA PAZ

No Día escolar da Paz e a Non Violencia, recordamos no noso centro educativo que a paz non é soamente a ausencia de guerra. A paz resulta da xustiza e a participación activa de todos os cidadáns e cidadás.
Nesta  xornada que estamos a conmemorar lembramos que a paz baséase no principio de que todos  –sen distinción de raza, ideoloxía, nacionalidade, lingua ou relixión- somos iguais, cidadáns da mesma terra e en consecuencia estamos e sentimos a chamada a ser máis humanos, a vivir  a non-violencia e a traballar pola paz.
Cantamos todos  xuntos a canción “Color Esperanza” que foi interpretada tamén en lingua de signos polas nenas e nenos do cole.

Ningún comentario:

Publicar un comentario