martes, 14 de abril de 2020

APERTAS

OLA FAMILIAS!
OLA NENAS E NENOS!!!
CANTOS DÍAS XA SE VERNOS, VERDADE?
AS MESTRAS DE INFANTIL, DENDE AS NOSAS CASAS, TEMOS MOITÍSIMAS GANAS DE DARVOS UNHA GRAN   "APERTA".
VOS PROPOÑEMOS COMEZAR ESTA ANDAINA CUNHA CANCIÓN: "A RUMBA DAS APERTAS"
PODÉDELA ESCOITAR, CANTAR E BAILAR.



DESPOIS DESTA FESTA DE APERTAS, QUEREMOS RECORDAR O IMPORTANTES QUE SON AS RUTINAS  NA ACTIVIDADE DIARIA:
                        -TER HORARIOS REGULARES PARA DEITARNOS E LEVANTARNOS AINDA QUE NON TEÑAMOS QUE IR AO COLE.
                        -VESTIRNOS E DESVESTIRNOS SÓS.
                        -COMER SÓS.
                        -AXUDAR A RECOLLER A NOSA HABITACIÓN.
                        -AXUDAR A POÑER A MESA
                        -REGAR AS PLANTAS,...
TODAS ESTAS COUSIÑAS VANNOS AXUDAR A FOMENTAR A AUTONOMÍA E AUTOESTIMA, MELLORAR A COORDINACIÓN MOTRIZ E A RESPONSABILIDADE.

ASÍ QUE XA SABEDES, COLABORADE O QUE POIDADES NA CASA.
 NESTA SEMANA PODEDES ENVIARNOS FOTOS, VÍDEOS OU DEBUXOS  DAS COUSAS NAS QUE ESTADES A AXUDAR OU QUE FIXÉCHEDES VÓS SÓS.(INFANTILares@gmail.com)

MOITO ÁNIMO E RECORDADE LAVAR MOITO AS MANS.
                     

Ningún comentario:

Publicar un comentario