ESPERAMOS QUE VOS GUSTASEN OS CONTOS DE ÉRICA GONZÁLEZ.
LEMBRADE QUE É MOI IMPORTANTE A LECTURA DE CONTOS: LER, ESCOITAR, OBSERVAR E FALAR DAS ILUSTRACIÓNS, COMENTAR SE VOS GUSTOU, FIXARSE EN COMO ERAN AS PERSONAXES,... A TRAVÉS DOS CONTOS FOMENTAMOS A LECTURA E TAMÉN OS VALORES.
A PARTIR DOS CONTOS, PODEDES REALIZAR UNHA MOREA DE ACTIVIDADES:
- ACTIVIDADES DE EXPRESIÓN CORPORAL: PODEDES DISFRAZARVOS E DRAMATIZAR O CONTO, FACER CAROUTAS,...
-ACTIVIDADES DE EXPRESIÓN PLÁSTICA: DEBUXOS, MARCAPÁXINAS,...
-ACTIVIDADES DE MATEMÁTICAS: CONTANDO AS PALABRAS DO TÍTULO, O NÚMERO DE PÁXINAS, CONCEPTOS COMO PRIMEIRO-DESPOIS,...
-E POR SUPOSTO, ACTIVIDADES DE CREATIVIDADE, CREANDO O VOSO PROPIO CONTO.
-TAMÉN PODEDES ORGANIZAR A VOSA BIBLIOTECA ORDENANDO OS LIBROS POR CORES, TAMAÑOS, OU COMO QUEIRADES.
ESTA SEMANA PROPOÑÉMOSVOS QUE NOS CONTEDES OU AMOSEDES O VOSO CONTO FAVORITO FACENDO ALGUNHAS DAS ACTIVIDADES QUE VOS EXPLICAMOS.
E AQUÍ VOS DEIXAMOS UN CONTO CREADO POR DANIELA E NOA:
E RECORDADE QUE NAS FOTOS QUE ENVIEDES PODEN SAIR OS NENOS E NENAS COS SEUS TRABALLOS OU PODEN SER FOTOS SÓ DOS TRABALLOS QUE FAGAN.
ÁNIMO!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario