luns, 25 de maio de 2020

IMOS COCIÑAR!!!

QUE IMORTANTE É O CORPO E O SEU COIDADO. ASEARNOS, FACER EXERCICIO, ALIMENTARNOS BEN...
E XA QUE FALAMOS DE ALIMENTACIÓN, IMOS COMEZAR CUNHA CANCIÓN:



QUEREDES XOGAR A SER COCIÑEIRAS E COCIÑEIROS?
COCIÑANDO APRÉNDESE UN MONTÓN: ESTIMÚLANSE OS SENTIDOS, DESENVÓLVESE A MOTRICIDADE FINA E GROSA, A CREATIVIDADE, A CONCENTRACIÓN, A MEMORIA VISUAL, O RAZOAMENTO,...
PROPOÑÉMOSVOS QUE PREPAREDES ALGUNHA RECEITA OU QUE NOS PRESENTEDES O VOSO MENÚ FAVORITO










 PODEDES ESCRIBIR O NOME DOS INGREDIENTES QUE PRECISADES, FACER A LISTA DA COMPRA, ESCRIBIR OS NÚMEROS DAS CANTIDADES, AS MEDIDAS, CONTAR, CALCULAR,...

SABEDES COMO SE CHAMAN ALGUNHAS COMIDAS EN INGLÉS?
PRIMEIRO APRENDE OS NOMES, E DESPOIS A VER SE ADIVIÑAS DE QUE COMIDA SE TRATA.





 E CANDO REMATEDES NON VOS ESQUEZADES DE RECOLLER E DEIXAR TODO MOI LIMPIÑO!

BO PROVEITO!!!








Ningún comentario:

Publicar un comentario