DESPOIS DESTE DÍA DE CELEBRACIÓN, IMOS XOGAR UN POUQUIÑO...
XOGAMOS COAS MANS A "PICA PIEDRA"
TAMÉN PODEMOS MOVER O CORPO COA CANCIÓN "O MEU AVÓ IÉ IÉ"
QUE IMPORTANTE É O CORPO E O SEU COIDADO, FACENDO EXERCICIO, ALIMENTÁNDONOS BEN...
TAMÉN SON MOI IMPORTANTES AS EMOCIÓNS.
COÑECEDES O CONTO "O MOSTRO DE CORES"?
E TI COMO TE SENTES?
ENFADADO?
TES MEDO? OU ESTÁS ALEGRE?
PROPOÑÉMOSVOS QUE VOS DEBUXEDES A VÓS MESMOS, PODE SER A CARA SOLA OU O CORPO ENTEIRO. PERO TEDES QUE PINTARVOS DA COR QUE VOS SINTADES, COMO O MONSTRO DE CORES.
TAMÉN PODEDES FACER A SILUETA DA VOSA MAN E ESCRIBIR OS NOMES DOS DEDOS.
OU TAMÉN, XOGAR A POÑER CARAS DOS DIFERENTES SENTIMENTOS
E INCLUSO, PODEDES FACER BOTES DE CORES CON CARTÓNS, BOTES QUE TEÑADES POLA CASA, OU DEBUXALOS E ESCRIBIR CARTEIS COS NOMES DAS DIFERENTES EMOCIÓNS.
BOA SEMANA!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario