sábado, 1 de abril de 2023

XII CARREIRA QUILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE. CPI AS MIRANDAS

  Un ano máis, e xa van doce , o noso colexio como Centro Embaixador de Save  The Children   organizou a XII Carreira Quilómetros de Solidariedade.

O alumnado de infantil e 1º e 2º ciclo de primaria realizaron a carreira no parque Rosalía de Castro.

Grazas  ás familias por patrocinar coas súas aportacións esta causa.

Calzar as nosas zapatillas e correr por unha causa solidaria merece a pena, porque moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas pode cambiar a vida das nenas e nenos máis vulnerables.


Ningún comentario:

Publicar un comentario