COMO PARECE QUE IMOS QUEDAR UNS CANTOS DÍAS NA CASA, AS PROFES DE EDUCACIÓN INFANTIL QUERÉMOSVOS DAR ALGUNHAS ORIENTACIÓNS PARA TRABALLAR NA CASA COAS VOSAS FILLAS E FILLOS:
HÁBITOS E RUTINAS
-HIXIENE PERSOAL, FACENDO FINCAPÉ NA IMPORTANCIA DO LAVADO FRECUENTE DE MANS,...
-ALIMENTACIÓN SAUDABLE, COLABORACIÓNS COMO POÑER E RECOLLER A MESA, AXUDAR NA COCIÑA,....
-ORDEN: RECOLLER O SEU CUARTO, ORDENAR OS XOGUETES,...
-DESCANSO: HORARIOS REGULARES.
AS RUTINAS VAN PROPORCIONAR SEGURIDADE E CONFIANZA NAS NENAS E NENOS.
ACTIVIDADES LECTO-ESCRITURA
-TRABALLAR CO SEU NOME, IDENTIFICAR OS NOMES DOS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS.
-XOGAR COAS LETRAS, BUSCAR LETRAS, COLOREADO DAS MESMAS, ESCRIBIR PALABRAS,...
-FACER DEBUXOS.
-LER CONTOS, ESCRIBIR O TÍTULO, DEBUXAR A ESCEA QUE MÁIS LLES GUSTOU,...
-RECEITAS DE COCIÑA.
-FACER A LISTA DA COMPRA.
-FIXARSE NAS LETRAS DAS ETIQUETAS DOS ALIMENTOS.
-ADIVIÑAS, REFRÁNS,...
ACTIVIDADES MATEMÁTICAS
-CREBACABEZAS, DOMINÓS, CARTAS, XOGOS DE MESA,...
-CONTAR OBXECTOS, CLASIFICAR SEGÚN TAMAÑO, COLOR,...
-FIXARSE NOS NÚMEROS.
-FACER USO DO CALENDARIO.
-IDENTIFICAR FIGURAS XEOMÉTRICAS, XOGANDO CON CÍRCULOS,CADRADOS,TRIÁNGULOS,...
-FACER SERIES CON DIFERENTES ELEMENTOS (GRANDE-PEQUENO, AZUL-AMARELO,...)
-CONTAR OBXECTOS, CLASIFICAR SEGÚN TAMAÑO, COLOR,...
-FIXARSE NOS NÚMEROS.
-FACER USO DO CALENDARIO.
-IDENTIFICAR FIGURAS XEOMÉTRICAS, XOGANDO CON CÍRCULOS,CADRADOS,TRIÁNGULOS,...
-FACER SERIES CON DIFERENTES ELEMENTOS (GRANDE-PEQUENO, AZUL-AMARELO,...)
💙💛💙💛💙💛💙💛💙💛💙💛💙💛💙💛💙💛💙💛💙💛💙💛💙💛💙💛💙💛💙💛💙💛
ACTIVIDADES ARTÍSTICAS
-ACTIVIDADES PLÁSTICAS: RECORTADO,
COLLAGE,PLASTILINA,PINTURA,...
COLLAGE,PLASTILINA,PINTURA,...
XOGOS DE PSICOMOTRICIDADE
-MOVERSE IMITANDO ANIMAIS: SERPE, OSO, MONO,...
-SALTAR Á PATA COXA, COS PÉS XUNTOS, CAMIÑAR CARA ADIANTE, CARA ATRÁS,...
ACTIVIDADES DE INGLÉS
ADICAR UNS MINUTIÑOS A VER ALGÚN VÍDEO, MESMO NO TELÉFONO, CON CANCIÓNS OU PEQUENAS HISTORIAS. ÁS PALABRAS DE BÚSQUEDA PODEDES ENGADIR "FOR LITTLE KIDS" OU "FOR VERY YOUNG LEARNERS" PARA QUE OS VÍDEOS SEXAN O MÁIS AXEITADOS POSIBLE Á SÚA IDADE.
OS TEMAS: COLORES(COLOURS), NÚMEROS DE 1-10(NUMBERS 1-10), FAMILIA(FAMILY), O CORPO(THE BODY), A ROUPA(CLOTHES), A CASA(THE HOUSE), O PARQUE(THE PARK), ANIMAIS SALVAXES(WILD ANIMALS), RUTINAS DIARIAS(DAILY ROUTINES).
ALGUNHAS PÁXINAS INTERESANTES E BONITAS ONDE BUSCAR:
COLOR CREW SUPER SIMPLE SONGS TUTITU SONGS
ENGLISHSINGSING COCOMELON
STEVE AND MAGGIE WOW ENGLISH TV (ESTA ÚLTIMA TEN VÍDEOS MOI DIFERENTES PERO SOEN GUSTARLLES MOITO).
QUEDAMOS NA CASA!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario