ESTIMADAS FAMILIAS:
DADA A SITUACIÓN DE ALARMA NA QUE NOS ATOPAMOS, QUE PARECE QUE VAI SER LONGA, POÑÉMONOS EN CONTACTO CON VÓS PARA INFORMARVOS SOBRE COMO IMOS LEVAR A CABO O TRABALLO DURANTE O TERCEIRO TRIMESTRE.
COMEZAREMOS A PROPOÑER ACTIVIDADES PARA REALIZAR NA CASA, NA MEDIDA EN QUE POIDADES, A PARTIR DO DÍA 14 DE ABRIL. SERÁN ACTIVIDADES XERAIS PARA TODO O ALUMNADO DE INFANTIL, PERO CADA FAMILIA FARÁ O QUE POIDA DEPENDENDO DA IDADE D@S VOS@S FILL@S. PARA ESTA PROPOSTA DE ACTIVIDADES EMPREGAREMOS O BLOGUE DE EDUCACIÓN INFANTIL pequerrechosares.blogspot.com
CADA SEMANA PLANTEXAREMOS ALGUNHAS ACTIVIDADES OU RETOS. PODEDES FACELAS E ENVIARNOS FOTOS OU VÍDEOS Á DIRECCIÓN DE CORREO:
INFANTILares@gmail.com
INDICANDO NO ASUNTO O NOME D@ NEN@ E A AULA ( POR EXEMPLO, PEPE 3 ANOS A)
IREMOS PUBLICANDO NO BLOGUE AS ACTIVIDADES QUE NOS ENVIEDES.
ANIMÁMOSVOS A PARTICIPAR E DESFRUTAR DA REALIZACIÓN DAS ACTIVIDADES COS VOSOS FILLOS E FILLAS. ESTAMOS SEGURAS DE QUE TODO VAI SAIR BEN.
O EQUIPO DE MESTRAS DE EDUCACIÓN INFANTIL DESEXAMOS QUE ESTA ESTADÍA NAS CASAS SEXA O MÁIS LEVADEIRA POSIBLE. MOITO ÁNIMO FAMILIAS!!!
MOITAS GRAZAS E UN GRAN ABRAZO.
Ningún comentario:
Publicar un comentario